Esta cantiga fez Pero Velho de Taveiroos e Paai Soarez, seu irmãao… La manícula en el "Cancioneiro da Biblioteca Nacional" (códice 10991)
DOI:
https://doi.org/10.14198/rcim.2013.2.02Palabras clave:
Lírica galego-portuguesa, Cancioneiro da Biblioteca Nacional 10991 (B), rúbricas, apostilas coloccianas, Pero Velho de Taveirós, tenzónResumen
Case todas as anotacións de A. Colocci no Cancioneiro da Biblioteca Nacional 10991 (B) teñen sido estudadas e valoradas polos investigadores da lírica galego-portuguesa, con frecuencia procurando respostas a diferentes problemas. No f. 35v, encóntrase o debuxo dunha manciña que sinala cara á singular razo que introduce a primeira tenzón no cancioneiro B, Vi eu donas encelado (B142), dos irmáns Pero Velho de Taveirós e Paai Soarez de Taveirós. A partir da situación desta marca colocciana, deseñada entre a rúbrica atributiva Pero Velho de Taveroos (na col. a) e a razo (na col. b), J.-M. d’Heur entendeu que o sinal estaba destinado a corrixir a disposición da rúbrica atributiva, pasando a asignar B140 (Par Deus, dona Maria, mia senhor ben talhada) e B141 (Quand’ora for a mia senhor veer) ao trobador que ten a súa obra nos folios anteriores do cancioneiro B, isto é, Nun’Eanes Cerzeo. A dúbida na autoría destas dúas cantigas callou en estudos posteriores, pero en ningún caso conduciu a unha análise dos contextos de aparición e da función da manciña colocciana no interior do cancioneiro. Con intención de reavaliar a cuestión, o noso traballo derivará no exame desta singular marca.Financiación
Este traballo deriva das nosas investigacións no proxecto El debate metaliterario en la lírica románica medieval (FFI2011-26785), financiado polo MEC.Descargas
Estadísticas
Publicado
12-12-2013
Cómo citar
González Martínez, D. (2013) «Esta cantiga fez Pero Velho de Taveiroos e Paai Soarez, seu irmãao… La manícula en el “Cancioneiro da Biblioteca Nacional” (códice 10991)», Revista de Cancioneros Impresos y Manuscritos, (2), pp. 31–60. doi: 10.14198/rcim.2013.2.02.
Número
Sección
Artículos
Licencia
Derechos de autor 2013 Déborah González Martínez
Esta obra está bajo una licencia internacional Creative Commons Atribución 4.0.