Da articulación textual nos testemuños da lírica profana galego-portuguesa

Autores/as

DOI:

https://doi.org/10.14198/rcim.2012.1.04

Palabras clave:

Diuisio textus, Ordinatio, Cantigas, scribes, Galician-Portuguese Medieval Lyric Poetry

Resumen

Na presente contribución lévase a cabo unha primeira aproximación á estruturación xerarquizada que presentan os contidos textuais (cantigas) nalgúns dos relatores que nos legaron a lírica profana galego-portuguesa, isto é, cómo se delimita cada cantiga e as partes que a compoñen. Esta descrición da diuisio textus permitiranos en moitas ocasións poder discernir entre un plano xeral de obra (cancioneiro, folla ou mesmo antígrafo) e un plano particular en que afloran as particularidades de copia de cada un dos amanuenses que interviñeron no proceso de copia; estes deron conta, probablemente, dunhas directrices preconcibidas que, ó seren abandonadas en certos momentos puntuais, puideron ocasionar evidentes erros. Ser conscientes da ordinatio dos contedores que conservaron a tradición lírica, poder chegar a percibi-los desvíos debidos ós axentes encargados de poñer por escrito estes textos e ser quen de remontarnos ó antecedente e á súa posible estruturación constitúe o único camino cara á formulación de hipóteses de traballo a nivel textual dun alto grao de fiabilidade.

Financiación

Este traballo forma parte do proxecto de investigación O rei don Denis e os trobadores da súa época (09SEC023204PR), financiado pola Xunta de Galicia (2009-2012), coa contribución do FEDER, e dirixido por Mercedes Brea.

Estadísticas

Estadísticas en RUA

Publicado

15-12-2012

Cómo citar

Fernández Guiadanes, A. (2012) «Da articulación textual nos testemuños da lírica profana galego-portuguesa», Revista de Cancioneros Impresos y Manuscritos, (1), pp. 105–160. doi: 10.14198/rcim.2012.1.04.

Número

Sección

Artículos